jueves, 28 de noviembre de 2013

MANTIS RELIXIOSA...

Tivemos o pracer de coñecer a PERIWINKLE PACA GELTRUDIS ??? nome co que foi bautizada unha visitante moi especial á nosa clase. Trátase dunha MANTIS RELIXIOSA. Observámola con moita, moita atención duante os dous días que estivo connosco e,... claro, despedímola para que volvese a formar parte da natureza de que procede. Observámola e,  agora toca investigar os seus costumes, a súa forma de vida,... Ese é un traballo que imos facer nos vindeiros días no noso KIDBLOG. Seguro que imos aprender moitas cousas sobre este insecto. Ánimo e..., a traballar...

martes, 5 de noviembre de 2013

SANTIAGO, ONDE A CHOIVA É ARTE...

Chover, si que choveu. Mais cumprimos con todo o previsto e, pese á molladura,  estivemos pola máñá sobre as cubertas da catedral, moi preto TORRE DO RELOXO, tamén coñecida como TORRE BERENGUELA  e das outras torres, e admiramos as fermosas vistas que desde un lugar tan alto se divisan. Subimos CENTO DEZ ESCALÓNS, estivemos más cerca do ceo ,... pero compensou, vaia se compensou....!!!



Pola tarde, despois do xantar, acudimos á CIDADE DA CULTURA para ver a exposición ORINOCO, NA BUSCA DO MUNDO PERDIDO...Foi toda unha sorpresa e todos e todas amprendimos moitísimo.



lunes, 4 de noviembre de 2013

PREPARANDO EXCURSIÓN A SANTIAGO...

Imos ver dous vídeos sobre a CATEDRAL DE SANTIAGO...






A continuación un vídeo sobre as CUBERTAS DA CATEDRAL QUE IMOS VISITAR...




Por último unha visita á CIDADE DA CULTURA....