martes, 15 de octubre de 2013

NACEMENTO DUN CARBALLO...

Neste documental pode apreciarse o proceso no que unha landra comeza a transformarse nun pequeno carballo. Unha gravación realizada ao longo de oito meses tomando unha imaxe cada dúas horas. No vídeo pode apreciarse como a semente comeza a abrirse durante os meses de inverno, en xaneiro comeza a xurdir a primeira raíz, en febreiro o primeiro brote comeza o su ascenso ata o exterior, saíndo á  superficie en marzo, ese mesmo mes e en abril xa forma as súas primeiras follas.