Aquí vai un pequeno anticipo da actuación dos QUINTOS no FESTIVAL DE NADAL 2013 no cole.
Parabéns pola vosa magnífica actuación...!!!
Aquí tedes as recomendación de lecturas de GÜINO para este Nadal. Atendede especialmente aos libros para o CLUB DE LECTURA "XILDAS" e O CASTAÑEIRO DE ABRIL do escritor eumés Antonio Manuel Fraga. Como en cursos anteriores, o CLUB DE LECTURA funcionará durante a HORA DE LER e será, como sempre, voluntario. Compartiremos as lecturas e contaremos coa visita do escritor e, posiblemente, do ilustrador.
Tivemos o pracer de coñecer a PERIWINKLE PACA GELTRUDIS ??? nome co que foi bautizada unha visitante moi especial á nosa clase. Trátase dunha MANTIS RELIXIOSA. Observámola con moita, moita atención duante os dous días que estivo connosco e,... claro, despedímola para que volvese a formar parte da natureza de que procede. Observámola e, agora toca investigar os seus costumes, a súa forma de vida,... Ese é un traballo que imos facer nos vindeiros días no noso KIDBLOG. Seguro que imos aprender moitas cousas sobre este insecto. Ánimo e..., a traballar...
Chover, si que choveu. Mais cumprimos con todo o previsto e, pese á molladura, estivemos pola máñá sobre as cubertas da catedral, moi preto TORRE DO RELOXO, tamén coñecida como TORRE BERENGUELA e das outras torres, e admiramos as fermosas vistas que desde un lugar tan alto se divisan. Subimos CENTO DEZ ESCALÓNS, estivemos más cerca do ceo ,... pero compensou, vaia se compensou....!!!
Pola tarde, despois do xantar, acudimos á CIDADE DA CULTURA para ver a exposición ORINOCO, NA BUSCA DO MUNDO PERDIDO...Foi toda unha sorpresa e todos e todas amprendimos moitísimo.
Imos ver dous vídeos sobre a CATEDRAL DE SANTIAGO...
A continuación un vídeo sobre as CUBERTAS DA CATEDRAL QUE IMOS VISITAR...
Por último unha visita á CIDADE DA CULTURA....
Neste documental pode apreciarse o proceso no que unha landra comeza a transformarse nun pequeno carballo. Unha gravación realizada ao longo de oito meses tomando unha imaxe cada dúas horas. No vídeo pode apreciarse como a semente comeza a abrirse durante os meses de inverno, en xaneiro comeza a xurdir a primeira raíz, en febreiro o primeiro brote comeza o su ascenso ata o exterior, saíndo á superficie en marzo, ese mesmo mes e en abril xa forma as súas primeiras follas.
Co inicio do curso, comezamos a introducirnos no PROXECTO ABALAR, proxecto no que participa a centro desde hai varios anos. "ABALAR" é a denominación que recibe o proxento integral de introdución de tecnoloxías da información e da comunicación nos centros educativos de Galicia. Queda constancia do primeiro día de traballo....
Imos comenzar esta nova andaina, na que esperamos que esta páxina sexa unha canle de comunicación e aprendizaxe, co vídeo gravado pola TVG en Pontedeume e na que participan moitos colectivos e veciños da vila.
Estás ti aquí?